Entre proxectos
As aulas de 5º e 6º imos navegar nun mar de proxectos. Anímaste a vir con nós?
09/09/21
Os nosos tesouros
Empezamos curso e con el iniciamos novas andainas, buscando información, explorando e aprendendo. Este ano imos ser todos uns expertos observadores e observadoras. Imos parar o noso mundo e analizalo con atención.
Stop aceleración!! Máis observación!!
Hoxe falamos na aula dunha lenda: la leyenda de la garza y el búho real. Curiosamente é unha lenda relacionada co monte Galiñeiro. Non a coñeciamos ata que fai uns días saiu unha noticia na prensa. Estivemos falando sobre ela en clase e casualmente Helena e Celia comentaban que elas visitaran a Touba do Brión; dentro había unha gaiola cun moucho de mentira. E será este o inicio do noso proxecto??? Imos ver...
Polo momento aquí vos deixo un documento coa lenda e coas preciosas ilustracións que fixeron os nenos e nenas de 5º sobre as crías desta parella de namorados.